1
Ou sábado 27 de xunio de 2016, organizado pola Asociación de Escritores en Língoa Galega ( AELG), con descubrimento dun Monólito conmemorativo no Paseo Marítimo no Peirao de Sete Fogas. Interviron o Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, o Alcalde de Rianxo, Adolfo Muiños Sánchez, Helena Villar Janeiro e a Banda de Música de Rianxo.

Logo, a homenaxeada e as autoridades plantaron un loureiro perto do séu Monólito.

A continuación, celebróuse un acto académico-literario no salón de actos da Escola da I República – Cuartel Vello de Rianxo, no que interviron ademáis dos tres antes citados a Secretaria Xeral da AELEG, Mercedes Queizas Zas e Mónica Campo, que fixo a Laudatio de Helena Villar, tras o cal se lle fixo entrega dunha peza escultórica do artista Caxiguero, intervencións as que déu resposta Helena Villar Janeiro con un discurso que foi moi aplaudido.

Tras tres actos anteriores, celebróuse un xantar de confratenernidade no Pazo de Rianxo ao que asistiron o esposo e poeta Xesús Rábade, os dous fillos (Abe e María do Cebreiro) a neta Helena, escritoras-res da Asociación organizadora, membros destacados da cultura galega e do ensino, vecinos de Rianxo e ex – alumnas-os. Aos postres intereviron o Presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Cerróu o acto Helena Villar, no que presentóu aos asistentes con indicacións dos vínculos con cada un deles.

Cabe suliñar que nestes actos de homenaxe a Helena Villar estiveron presentes os membros da Corporación de Rianxo, escritores a AELG, directivos de varios editoriais, como Victor Freixanes da Editorial Galaxia, a vicepresidenta da Diputación de A Coruña, así como unha representación de Asociación Castiñeiro e Nogueira, represnetada ao máis alto nivel por Antonio Álvarez González, exalumno, e José Ramón Vázquez Liñeiro.

Esta homenaxe a mestra e escritora Helena Villar Janeiro enmarcase nos actos da XXII edición “A escritora na súa terra – Letra E” da AELG.

Seguen fotos dos actos relacionados.

Los comentarios están cerrados.