Artículo de interés: "¿Volve o imposto sucesorio?"
Publicado por: acn en General, impuestos
Escribo no día da reflexión por fin de campaña e non quero facer inventario das descalificaciós, dos avisos de presuntas corruptelas que ó longo das pasadas semáas afloraron sen trégoa dende as diversas instituciós, dende uns ós outros partidos. Pero a sociedade civil ten un conocemento claro de moitos dos escándalos agora sabidos, que de seu xa se sabían antes de pedir sitio nos diversos medios, caracterizados moitos por un silencio espeso e culpable. O papel crecente dos medios emerxentes e de internet sirveu pra poñere un punto de máis claridade sobre certos asuntos, que ó mellor non terían trascendido na campaña. Pero sí quero sinalar que houbo unha gran carencia en moitos dos discursos dos candidatos, descargados de contido en relación con temas de vital importancia como son: Economía, Medio Ambiente, as recalificaciós urbanísticas, a Política Fiscal e, sobre todo, a falta dunha promesa real de rexeneración. Simplemente porque nalgús dos citados temas faltou de sempre un tratamento vivo, honesto e vixiante, ou as promesas non pasaron de burla zafia, como reiteraron estos pasados días dúas candidatas nun debate sobre ecoloxismo.
Pero parece que o Estado quer retomare as bridas da súa recaudación, o que viría representa-la fin dunha certa “pax social”, que forzaría mesmo ás xentes a se agrupar en torno á Plataforma das Clases Medias e á súa proposta de insumisión fiscal, a recurrir ante o Constitucional o cobro que se quer reactivar con carácter xeral no canto de ir á simple eliminación do imposto. A Comunidade de Madrid non está disposta a aceptare unha “involución” nas competencias que sobre este imposto xa tiñan as comunidades; incluso trasladou ós empresarios a firme vontade de bloquear calquer iniciativa do Ministerio de Hacienda pra establecer un “mínimo común” no Imposto de Sucesiós e Donaciós. Hai máis argumentos, naturalmente, pero a saída da situación que vive o país vai depender antes da supresión dalgún ministerio e dun menor gasto político que non de perseguir asañadamente, de novo, ós máis probes.







Entradas (RSS)