Emisoras de radio e televisión de fóra de Galicia interésanse polos proxectos e a forma de execución innovadora da Asociación Castiñeiro e Nogueira, coa cooperación de voluntarios internacionais e, sobre todo, polo exemplo da posta en valor no rural galego, e cancelandés en particular, dunha natureza, dunha paisaxe e das riquezas etnográficas que estaban ocultas, abandonadas por todas as administracions e infravaloradas polos mesmos veciños, e que agora son motivo de visitas periódicas, especialmente en fins de semana, como ocorreu nesta última.

O comentario publicado no blog do programa “Sempre en Galicia” de Radiocornellá (Barcelona), abaixo reproducido, é demostrativo do interese e opinión positiva do traballo feito en moi pouco tempo por esta asociación vertebradora de cooperación e voluntariado internacional, con opinión favorable de todos os sendeiristas que percorreron o sendeiro, moitos dos cales soben con comentarios a ruta a internet – portal de sendeirismo www.wikiloc.com, no que poderán encontrar fotos, vídeos, comentarios e información desta importante ruta, así como no blog do programa.

Alfredo González Vilela-cantautor, Xulio Cougil Vázquez – director programa e Antonio Álvarez González – vicepresidente Asociación Castiñeiro e Nogueira

Alfredo González Vilela-cantautor, Xulio Cougil Vázquez – director programa e Antonio Álvarez González – vicepresidente Asociación Castiñeiro e Nogueira

“Seguimos co noso programiña e recibimos no noso estudio a Alfredo González Vilela, que ven acompañado de don Antonio Álvarez González, que é Vicepresidente e Letrado Asesor da Asociación Castaño e Nogal (para o impulso do desenrolo Rural e Medioambiental), de Quintá de Cancelada en Becerreá (Lugo). A verdade é que a conversa que mantivemos con eles foi todo un descubrimento e un ofrecemento do moito e moi bo que están a facer nesta Asociación. Seguro que todos aqueles que desexen facer o percorrido polo sendeiro que eles puxeron en valor disfrutarán. Ogallá houbera moitas máis asociacións deste tipo na nosa Galicia. Outro galo nos cantaría se esto se espallara polo noso rural”.

http://semprengalicia.blogspot.com/

Los comentarios están cerrados.