- A poda é adaptar a árbore a unha realidade física
- Coñecer como funciona cada especie: a misma técnica non vale para todas as árbores
- A planta elabora o alimento nas follas: Hai que manter un volumen mínimo, as podas drásticas non son aconsellables
- Cando se cortan ramas moi grosas, inflúe na vida das raices: Hai unha proporción entre o volume aéreo e o radicular
- As ferramentas da poda débense desinfectar periodicamente: amonio, alcol, etc
- Hai unha poda de formación e outra de mantemento ou producción
- As podas en verde teñen maior efecto sobre a árbore que as de inverno
- Os cortes deben ser inclinados, 1 cm por encima dunha xema.
- Cortar as ramas que se crucen
- Empregar un bo selador, preferiblemte natural. A maior parte deles non son recomendables. Mellor non aplicar que aplicar un malo.
Comentarios desactivados en Decálogo poda de froiteiras, recomendado por expertos