«Desde o silencio
marchas como auga clara
polo Donsal».

Helena Villar Janeiro

A Asociación Castaño y Nogal / Castiñeiro e Nogueira, promotora da promoción do patrimonio natural e etnográfico de Cancelada, expresa o seu máis profundo pesar polo pasamento da súa Presidenta de Honra Serafina González Fernández, que faleceu na cidade de A Coruña, o 12 de septembro, á idade de 93 anos.

Nacida en Freixo (A Fonsagrada), foi veciña de Quintá de Cancelada, por casamento con José Álvarez Fernández, desde abril do ano 1948. A súa longa vida permitiulle coñecer os grandes cambios que aconteceron no rural. Serafina coloborou á transformación da alta Cancelada en espazo privilexiado de ocio a través da valoración e reconstrución do seu patrimonio natural e etnográfico con esforzo e xenerosidade encomiables, feito que esta asociación quere hoxe poñer de manifesto.

O acto e á misa de corpo presente celebrarase na igrexa parroquial desta localidade, en cuxo cemiterio recibirá sepultura. A saída do domicilio, Casa da Cha de Acolá, será ás 17 horas.

A asociación, desde o seu compromiso de máximo respecto ao medioambiente, secunda o desexo de Serafina e da familia de que non se envíen coroas nin flores, suxerindo que o seu importe sexa doado á Cruz Vermella.

O Presidente

 

Los comentarios están cerrados.